Thursday 09 de May de 2024

Arredor de 150 cativas e cativos asistiron á segunda sesión do programa Ler Conta Moito da Biblioteca Municipal de Boqueixón


 

Arredor de 150 cativas e cativos participaron o pasado venres na segunda sesión do programa Ler Conta Moito, impulsado pola Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón. Nesta ocasión, a agrupación Os Quinquilláns Teatro ofreceu o espectáculo Por que é que a auga do mar é salgada?

Dirixido a público de entre 3 e 12 anos, esta amena actividade sorprendeu a toda a rapazada participante que gozou dunha mañá do máis divertida. En clave de humor, pero dun xeito moi didáctico, Os Quinquilláns foron quen de amosar algún dos segredos da ciencia presentes no día a día.